O mapa Cénit de experiencias de Educación para a Cidadanía Global (ECG) é unha ferramenta creada co obxectivo de xerar un espazo para coñecer, cuestionar, reflexionar e avanzar conxuntamente na superación do enfoque reducionista e testemuñal da ECG. O mapeo das experiencias permite, non só identificalas, senón tamén negociar significados, explorar problemas, compartir solucións e xerar redes colaborativas presentes e futuras.
É, polo tanto, un mapa temporal, aberto e dinámico, en construción e actualización permanente, que permitirá coñecer o presente (sempre vivo) e debuxar posibilidades futuras de actuación.
Descubre o mapa
O mapa xeolocaliza experiencias organizadas en catro capas (que se poden activar ou desactivar). O ícono das experiencias permite identificar o tema principal da iniciativa, a vinculación curricular disciplinar ou interdisciplinar e multinivel. Ao facer clic en cada unha das experiencias, podes acceder a máis información ao respecto.
Unha funcionalidade interesante da aplicación é que permite filtrar as experiencias segundo o que nos interese.
Queres saber máis sobre as posibilidades de uso do mapa ou entender mellor o seu funcionamento?
LENDA
ETAPAS EDUCATIVAS
Só unha etapa
Varias etapas
CENTROS
Centro escolar
Centro universitario
Entidade social
CARÁCTER
Experiencia con vinculación curricular (disciplinar ou interdisciplinar)
Historia
Foi na primeira sala cartográfica cando xurdiu a idea de dixitalizar as experiencias compartidas. Despois dun ano de traballo, acompañado polo Grupo de Visualización Avanzada e Cartografía (Cartolab), materializouse nunha aplicación informática que veu a luz en setembro do 2020. Con esta aplicación preténdese non só visibilizar e difundir as experiencias xa cartografadas, senón tamén favorecer a recollida de novas iniciativas, e, por que non, favorecer a extensión dunha ECG de última xeración (do que se amosan exemplos que serven de referente) e mesmo posibilitar o tecido de redes de colaboración entre centros e entidades.
Quen pon en marcha a iniciativa
A cartografía como instrumento
A cartografía social, como metodoloxía de investigación e acción, permite mapear as experiencias de forma colaborativa e participativa. O instrumento deseñado para isto foi a sala cartográfica, desenvolvida de forma presencial con profesorado e entidades que axudaron na súa construción e validación. A aplicación informática correspóndese coa tradución desta ferramenta a un formato online, coa que se pretende favorecer tanto a recollida de novas experiencias, como a visibilización e difusión das xa cartografadas.
A pesar de contar con esta ferramenta, non queremos perder as vantaxes que ofrece a celebración presencial das salas cartográficas, no que respecta á promoción de procesos dialóxicos de reflexión e análise conxunta, sendo a intención seguir realizando encontros para un exercicio colectivo de coñecemento, representación e problematización da realidade, dende a participación e o compromiso.
Obxectivos
Recoñecer e visibilizar iniciativas de ECG
Coñecer referentes para iniciarse na ECG
Servir de fonte de consulta de entidades, centros de ensino e experiencias ECG
Achegar un banco de recursos en ECG
Crear comunidade e tecer redes para reflexionar e avanzar conxuntamente
EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA GLOBAL
Experiencias
Descubre algunhas das experiencias de Educación para a Cidadanía Global recollidas no mapa Cénit.
Súmate ao mapa
Tes interese en coñecer o traballo que se está a desenvolver en ECG en centros educativos? Desenvolviches algún proxecto, iniciativa ou actividade en Educación para a Cidadanía Global (como docente ou entidade social), en centros educativos?
Cubre o formulario e fainos chegar a túa experiencia ou descubre como integrala ti no mapa:
Comunidade ECG
Se tes interese na Educación para a Cidadanía Global, súmate a esta comunidade, conversa con persoas, centros e entidades que traballan a temática e comparte recursos.
Subscríbete!
Tes interese en coñecer o traballo que se está a desenvolver en ECG en centros educativos?
Se queres saber máis desta experiencia, escríbenos ou síguenos nas nosas redes sociais:
Desenvolvido por:
Equipo técnico:
Financiado por: